Inicio Castellano English

NELSON QUINTEIRO!
e a Banda Gharbo!, no catálogo da AECID 2014

QuinteiroCATÁLOGO AECID 2014

O proxecto "Nelson Quinteiro e a Banda Gharbo!" foi seleccionado por un comité de expertos nomeado pola Axencia Española de Cooperación e Desenvolvemento para formar parte do seu catálogo artístico que ano tras ano ofrece ás embaixadas e Centros de España no estranxeiro.

De entre as diferentes categorías ofertadas dende este organismo, o noso proxecto entrou na categoría "Fusión", sendo integrante desta sección con outros catro grupos do resto do Estado.

O funcionamento desta rede sitúase dentro dos convenios que a axencia ten con estes organismos no estranxeiro; podendo estes solicitar ó artista cunhas condicións de co-producción moi ventaxosas.

Agardamos que esta sorte de ser escollidos para este catálogo nos poida abrir as portas de cara a cruzar o charco e presentar o noso disco "Orquesta Gharbo!"

Xa de partida é unha inmensa honra, tendo en conta tamén o bagaxe e talla dos personaxes que formaron parte dese tribunal de selección.

Para estes organismos ofrécese a posibilidade de mobilizar diferentes combos dos que ofrecemos para presentar o disco "Orquesta Gharbo!", dende o formato solista, no que Nelson Quinteiro ofrece o repertorio do disco empregando os medios ofrecidos polas pedaleiras de loops, escenas sonoras, samplers, o formato dúo, no que pode ser acompañado ben por un guitarrista, pianista ou multiinstrumentista, ou o formato banda, ofrecendo a formación ao completo (voz, guitarra, teclado, percusións, saxo, etc.

Paralelamente, e tamén a través da AECID ofrécense ás ambaixadas a posibilidade de complementar a súa oferta mediante os talleres "A Voz e a Emoción" ou "Laboratorio de Cabaré Contemporáneo" que impartiría o propio Quinteiro.

Laboratorio "A voz e a Emoción"

Laboratorio de cabaré contemporáneo

logotipos

Contratacións: Koldobika Gomila koldobika.gomila@gmail.com TL.:886 311 513 / 615 684 769
Deseño: Javier Gutiérrez 3x3pixels.com