Proxecto Crowdfunding para a producción do primeiro traballo discográfico de Nelson Quinteiro!

NELSON QUINTEIRO (Cangas do Morrazo, 1979)

Nelson Quinteiro. Cangas. 1979

Cantante, actor, bailarín, guionista e director de escena.

No ano 2012 leva adiante a co-producción GHARBO! co Centro Coreográfico Galego (+ Info en www.gharbo.org).

Ten creado e dirixido 7 edicións do Festival Galego de Cabaré.Dirixe dende o ano 2006 a Compañía Femme Fatale de teatro de rúa e cabaré, creando espectáculos como “As Nenas Perdidas”, “Unha cadeira para mover o mundo”, “Cabaréncrise”, “Brancas. Itinerario escénico urbano”, Master Class Cabaret, etc... (+ Info en www.cabare3.org).

Como cantante destaca como patrón do grupo Cabesa de Pau ou grumete de grupos como Liñaceira ou Maghúa Pandereteiros. Como vocalista crea espectáculos como "As Mans Perdidas", "Danza e Contradanza" ou "Gharbo!".

Neste presente 2013, Nelson Quinteiro aborda o proxecto de que o seu repertorio vexa a luz en formato discográfico achegando outras melodías e ideas que teñen que ver coa súa traxectoria anterior de 15 anos investigando, compoñendo e arranxando temas da música tradicional galega.

Para este proxecto o obxectivo é arrouparse de novos músicos e colaboradores cos que ten estado en contacto ao longo deste período como cantante ou director de escena.

TRADICIÓN, PEDAIS, CABLES E MÁIS CABLES

Se hai algo característico de Nelson Quinteiro á hora de arranxar os temas tradicionais é o uso de pedais de loop, delay ou ecualizadores sobre os que arma polifonías, xogos vocais ou dende os que dispara bases de percusión sampleadas, escenas sonoras ou outro tipo de recursos tecnolóxicos que convirten as melodías tradicionais en algo completamente vixente e actual.

ORQUESTA GHARBO!

Será o nome que levará este traballo discográfico e esta formación musical que comeza en xira dende o mes de maio de 2013. Para este proxecto que entra en xira dende o mes de maio de 2013, Nelson Quinteiro irá conformando varios combos, dende actuacións como solista, ata un acompañamiento a dúo con Álex Lorenzo (guitarra, pedais e coros), a trío con Pulpiño Viascón (acordeón, zendrum, serrucho ou batería), a cuarteto con Fran Castro (baixo e piano) así como a orquesta (espectáculo multidisciplinar con danza, performance, ou teatro con artistas convidados como Iván Villar, María Polo, Uxía Vázquez, Maghúa Pandereteiros ou outros como Alonso Caxade, Pilar Gonçalves, Silvia Penide ou Diego Ameixeiras, dependendo do tipo de montaxe).

O disco estará composto por unha batería de temas; entre os que se atopan diversas composicións do autor ou outros temas tradicionais galegos arranxados cun particular estilo. Tangos, alalás, muiñeiras, maneos, xotas ou pasodobles tradicionais aos que se lle dá un son máis actual con claras influencias ben recoñecibles.

Para os directos crearanse dous repertorios; un de corte máis intimista baseado na polifonía, nos romances ou nos alalás e destinado a pequenos locais, teatros, etc... e outro moito máis animado pensado para festas, festivais, salas de concertos, etc... onde a rumba, o pasodoble ou as músicas populares teñan máis protagonismo.

CROWDFUNDING

Tamén coñecido como micromecenazgo ou microfinanciación consiste nunha innovadora fórmula de financiación de proxectos sociais ou culturais na que os impulsores poñen a disposición dos amigos/as ou colaboradores/as diferentes vías de colaboración asociadas a diferentes recompensas. Realmente o que se adquire é un producto que de non ser por ese apoio probablemente non vira a luz. O crowdfunding convírtese así nunha arma moi interesante; democrática en canto son os individuos quenes deciden se apoian ou non, e en que medida, e subversiva en canto a que serve para que proxectos que ou ben non teñen padriños, ou non seguen as imposicións do mercado ou son políticamente incómodos poidan ver a luz dun xeito colectivo e participativo.

En función do que sexamos capaz de recaudar por medio do crowdfunding poderemos darlle más alcance a esta proposta:

TRAMO A: Con esta recaudación cubriríamos os gastos de gravación e producción do disco. A edición do mesmo, con 500 copias editadas correría pola nosa conta.

TRAMO B: Con esta recaudación cubriríamos os gastos de gravación e producción do disco dun xeito más ambicioso, con máis colaboradores e orquestación, así como a edición, con mil copias editadas do disco.

TRAMO C: A partir desta cantidade, ademais do especificado no Tramo B cubriríamos a producción audiovisual de varios videoclips da man de Pablo Soto Golugoff, coa participación da Compañía Femme Fatale e de artistas convidados. Ademais podríamos pensar na contratación dun axente de distribución e xestión de xira, a media xornada durante 3 meses.

TRAMO D: Ademais do especificado no Tramo C poderiamos emprender unha campaña publicitaria para apoiar o proxecto ou na xestión dunha xira máis internacional da que previamente temos proxectado.



CRONOGRAMA

Dende xaneiro de 2013

Conformación da proposta musical; comezo dos ensaios, sondaxe de colaboradores musicais, deseño da imaxe corporativa e gráfica do proxecto. Deseño web e xestión de métodos de crowdfunding.

Do 13 de marzo ao 26 de abril

Proceso de crowdfunding e xira promocional do mesmo por diferentes cidades e vilas de Galicia. Os actos comezaron a fin de semana da 15, 16 e 17 de marzo, na comarca da Coruña; ofrecendo tres actos; un na Biblioteca Pública da AAVV Atochas Montealto; outro na Libraria "A Lus do Candil" de Arteixo e unha festa na Taberna Mahara, da Rúa Orzán da Coruña. Seguille unha festa-concerto no compostelán Pub Ultramarinos da rúa Casas Reais e outra Festa de Aniversario en Cangas do Morrazo, no Salón de Beleza Avilés, o 26 de abril.

Ata ese momento dimos recaudado 2099 €, co que garantizamos que o disco poderá estar na rúa nos prazos estipulados neste proceso. Grazas!

Do 26 de abril ao 31 de maio

Continuación da campaña de crowdfunding co obxectivo de amplificar os obxectivos do proxecto. Intensificación dos ensaios, definición da proposta musical, e continuación da xira local para ir empastando o son.

Do 31 de maio - Setembro

Gravación, producción e edición do traballo discográfico.

Comezo da xira do proxecto, nos formatos dúo, trío, cuarteto, orquesta e grande orquesta.

De momento temos concertados concertos en Carballo, Cangas do Morrazo, Ourense, etc... que iremos anunciando cando estén completamente confirmados

A partir do 15 de setembro

Lanzamento do disco, xira promocional e retorno das recompensas ós colaboradores/as deste proceso de crowdfunding.



Contacto: NELSON QUINTEIRO 886 311 513 - 666 014 494 nelson.quinteiro@gmail.com

Representate-mánager e producción: KOLDOBIKA KARLA GOMILA CARRO 615684769 koldobika.gomila@gmail.com


Su dirección IP es: 54.91.171.137
Copyright © 2017 GHARBO!