O disco

ORQUESTA GHARBO!

1 Canto de Andar o Camiño

2 Baldaio

3 Marola

4 Sofán

5 As Mans perdidas

6 Dona Ausenda

7 Haize Egoa

8 Tango da Illa de Ons

9 Sofrimento

 

CANTO DE ANDAR O CAMIÑO. Lanzamento especial.

O día 1 de decembro de 2013, ás 00:00 h facemos o lanzamento especial do tema "Canto de Andar o Camiño" que abre o disco "Orquesta Gharbo!".

O mesmo día, ás 12:00 h, no programa "Somos Quen" da Radio Galega sonarán este e outros temas do disco "Orquesta Gharbo!" nunha entrevista pormenorizada.

Será o pre-quencemento para unha campaña de promoción que terá o seu punto álxido coa presentación oficial do disco, o día 7 de febreiro de 2014 na Coruña.

CANTO DE ANDAR O CAMIÑO trátase do tema que abre o disco "Orquesta Gharbo!", cunha melodía propia de Nelson Quinteiro e o arranxo dunha melodía tradicional inspiradas no “Canto de Andar o Camiño” recollido por Leilía no telúrico e revelador disco “Leilía”.

Interpretado por Nelson Quinteiro ás voces, Álex Lorenzo ás guitarras, Fran Castro ó teclado e baixo, Pulpiño Viascón ó zendrum e percusións. Conta coa colaboración especial de María López (Faltriqueira) ós coros.

Un tema que collendo a música tradicional e de raíz galega lévaa a outras latitudes e sonoridades que entroncan directamente co pop, a polifonía e influencias africanas.

A gravación, nos Estudos da Fundación Autor SGAE de Santiago de Compostela corre da man de Gerardo Amigo.

Desfrutádeo e compartídeo!

 

CANCIÓN INVITADA

Ao longo do tempo que falte para o lanzamento do noso disco, o 7 de febreiro de 2014, e a modo de sorpresa iremos pendurando diferentes temas do disco "Orquesta Gharbo!" por sorpresa e de maneira fugaz. Andade atent@s!!!

Atrás
Su dirección IP es: 54.80.148.252
Copyright © 2017 GHARBO!