Quinteiro

NELSON QUINTEIRO E ÁLEX LORENZO: Formato dúo

Outra das posibilidades que ofrece a presentación do disco "Orquesta Gharbo!" é unha posta en escena formato dúo a cargo de Nelson Quinteiro (voz, pedais de loop e delay, efectos sonoros, bases, etc...) e Álex Lorenzo (guitarra, pedais de loop, delay, multiefectos, etc...) nun concerto no que se debulla o traballo de base que foi dar no disco "Orquesta Gharbo!".

Un concerto no que se acadan grandes atmósferas e no que a voz de Nelson e a guitarra de Álex Lorenzo transmiten unha viaxe sonora que vai dende melodías armenias, tangos, fados, así como muiñeiras, maneos, xotas, romances ou todo tipo de composicións de unha alta calidade nos arranxos, que remata nun concerto festivo no que incluso se introducen versións e temas actuais.

Un concerto, que en palabras de Alfredo Ferreiro resulta "Vibrante, evocador, tradicional e moderno, e de tal modo fresco que a música armenia ou da parte do mundo que fose resultaba harmoniosamente fundida en pezas de grande sensibilidade galega. Galega e inconmesurabelmente universal."

Un formato especialmente axeitado para librarías, locais culturais, pequenas salas ou teatros, xornadas culturais, bares, etc...