Inicio Castellano English

ORQUESTA GHARBO!
Combos e posibilidades

Formato solista Visulizar AQUI
Formato dúo Visulizar AQUI
Formato trío Visulizar AQUI
Formato banda Visulizar AQUI
Formato Orquesta Visulizar AQUI
Formato Grande Orquesta Visulizar AQUI

combos1VARIEDADE DE FORMATOS!

No regreso de Nelson Quinteiro ó sector musical, despois de case dez anos centrado en eidos como a producción, o teatro de rúa e sobre todo o cabaré queremos ir de vagariño á hora de presentar a nosa proposta musical.

Unha proposta musical que pode ir dende o formato solista, acompañado por bases sonoras, pedais de loops e empregando outros discursos como a performance ou a interpretación a un formato que nós chamamos "Grande Orquesta" e no que estamos a falar dunha montaxe multidisciplinar escénico-musical con máis de 12 profesionais da música, a danza, a interpretación ou a literatura.

Tendo en conta o idóneo do recipiente escénico, acto para o que sexan requeridos os nosos servizos, orzamento, características técnicas, de aforo ou de equipamento técnico, Nelson Quinteiro e a Banda Gharbo podemos ofrecer diferentes variedades de formato así como incluso de repertorios que se axusten ó escenario en cuestión.

É por iso que o disco "Orquesta gharbo!" pretende ser un disco rico en matices, en sons e fiel ó que podemos facer en directo, tanto nun formato máis reducido como a grande escala.

Nos documentos achegados podedes ver as diferentes opcións de contratación, na que pretenderemos ser sempre flexibles e adaptarnos do xeito máis razonable.

combos1ESCENOGRAFÍA E ATREZZO

A experiencia de Nelson Quinteiro no sector escénico ao longo desta última década, no deseño dun espectáculo con ritmo, a súa iluminotecnia, posta en escena, escenografía ou atención ó atrezzo e vestiario farán de calquera fórmula do mesmo un espectáculo en sí mesmo.

Seguindo a estela do espectáculo "Gharbo" que realizamos anteriormente en co-producción co Centro Coreográfico Galego, a posta en escena ten reminiscencias ó arquivo fotográfico de Manuel Ferrol e, sobre todo, de Virxilio Vieites.

A contraposición da elegancia no vestir con entornos rurais e de escaseza de recursos.

Elementos de traballo.

Un lugar imaxinario e compartido que fala de nós, do mar, do agro, da emigración e polo que pululan artistas da vangarda como Urbano Lugrís, Luis Seoane ou particularme de Manoel Antonio (na imaxe de cabeceira).

logotipos

Contratacións: Koldobika Gomila koldobika.gomila@gmail.com TL.:886 311 513 / 615 684 769
Deseño: Javier Gutiérrez 3x3pixels.com