Quinteiro

NELSON QUINTEIRO. GRANDE ORQUESTA GHARBO!

Cando falamos de "Grande Orquesta Gharbo!" estamos a falar dunha montaxe multidisciplinar escénico-musical, con escenografía e máis de 12 profesionais da música, a danza, a interpretación ou a literatura.

Seguindo a estela do espectáculo GHARBO! en co-producción co Centro Coreográfico Galego 2012, Nelson Quinteiro ofrece o espectáculo multidisciplinar "Grande Orquesta Gharbo!", que serve de xira de presentación do seu primeiro traballo discográfico "Orquesta gharbo!" e que foi estreado no Teatro Colón da Coruña o 7 de febreiro de 2014 despois de varias pre-estreas no Auditorio Municipal de Cangas (23 de novembro de 2013) ou Auditorio Municipal de Rianxo (13 de decembro de 2013).Un espectáculo de música, danza, literatura e performance con varios dos artistas máis destacados dentro do panorama da música e da danza de Galicia.

PROPOSTA: Un concerto escenificado coa intervención da Banda Gharbo!, quinteto musical formado por Nelson Quinteiro (voz, percusión e pedais de loop e delay), Álex Lorenzo (guitarras), Pulpiño Viascón (batería, serrucho, zendrum), Fran Castro (Piano, Baixo) e Eduardo Méndez Dubi (Flauta traveseira, saxo tenor e soprano) ao que se unen profesionais da altura de Silvia Penide, María López (Faltriqueira), Xandre Outeiro (Projecto Trèpia) e outros (un coro de homes de cada localidade en cada desplazamento). Todo coa guinda de escenas de danza, performance e accións dramatúrxicas de man de artistas como Iván Villar (Nova Galega de Danza), Miguel Sotelo , Xandre Outeiro e Belén Trabazo (Projecto Trèpia) ou María Polo (Compañía Femme Fatale)

Un formato ideado en grande de cara a festivais, festas, teatros ou auditorios.