Inicio Castellano English

NELSON QUINTEIRO!
Tradición, pedais, cables e mais cables

Orquesta Gharbo!: Descargar en PDF
Formación Musical e Vocal: Descargar en PDF
Prensa: Descargar en PDF

QuinteiroNELSON QUINTEIRO!

Cangas. 1979.

Cantante, actor, bailarín, guionista e director de escena.

No ano 2012 leva adiante a co-producción GHARBO! co Centro Coreográfico Galego.

Ten creado e dirixido 7 edicións do Festival Galego de Cabaré.

Dirixe dende o ano 2006 a Compañía Femme Fatale de teatro de rúa e cabaré, creando espectáculos como “As Nenas Perdidas”, “Unha cadeira para mover o mundo”, “Cabaréncrise”, “Brancas. Itinerario escénico urbano”, Master Class Cabaret, etc... (+ Info en www.cabare3.org).

Como cantante destaca como patrón do grupo Cabesa de Pau ou grumete de grupos como Liñaceira ou Maghúa Pandereteiros.

Como vocalista crea espectáculos como "As Mans Perdidas", "Danza e Contradanza" ou "Gharbo!".

Despois dun proxecto de crowdfunding a principios do 2013 entra en fase de gravación o día 16 de setembro nos estudios da Fundación SGAE de Santiago de Compostela, da man de Gerardo Amigo e acompañado dunha serie de músicos e colaboradores de cara a gravar o que é xa o disco "Orquesta Gharbo! que se edita por medio de Inquedanzas Sonoras a principios de 2014 e é estreado no Teatro Colón da Coruña o 7 de febreiro de 2014"

Acompañado de artistas como Álex Lorenzo, Fran Castro, Pulpiño Viascón, Eduardo Méndez "Dubi", Silvia Penide Ou Xandre Outeiro conformaron un disco que está a sorprender a propios e estranos. Música tradicional galega con influencias do mundo; sonoridades pop, pasando por temas con arranxos de música mediterránea, tango, música trovadoresca, Angola ou Cabo Verde, Portugal, Euskadi. O barrio de San Pedro en Santiago de Compostela, Cangas do Morrazo, A Coruña, o Mar do Orzán.

ORQUESTA GHARBO! é o nome deste traballo con prólogo de Diego Ameixeiras e definido como unha viaxe arredor do mundo. En palabras de Alfredo Ferreiro presenta un directo: "vibrante, evocador, tradicional e moderno, e de tal modo fresco que a música armenia ou da parte do mundo que fose resultaba harmoniosamente fundida en pezas de grande sensibilidade galega. Galega e inconmesurabelmente universal."

En palabras do canle "Otras músicas" de Granada trátase de "un trabajo lleno de matices y que recoge perfectamente las fusiones más exuberantes y comprometidas de un músico espléndido y que dará mucho que hablar en los próximos años".

logotipos

Contratacións: Koldobika Gomila koldobika.gomila@gmail.com TL.:886 311 513 / 615 684 769
Deseño: Javier Gutiérrez 3x3pixels.com