Rianxo 2016

Festival O BOSQUE DE NADAL.

Unha experiencia navideña para toda a familia en Viveiros O Piñeiro

1, 2, 9, 16, 23 de decembro de 2017

---------------------------------------------------

NOTA DE PRENSA: Abrir pestaña

PROGRAMA COMPLETO Abrir pestaña

CARTEL Abrir pestaña

O Bosque de Nadal

As instalacións Viveiros O Piñeiro e Nelson Quinteiro Producciones comprácense en presentarlles o Festival "O Bosque de Nadal", unha vistosa batería de actividades para toda a familia concebida como una auténtica experiencia navideña que namorará a grandes e sobre todo a pequenos/as nas instalacións de Viveiros O Piñeiro de Pontevedra.

Os sábados 2, 9, 16 e 23 de decembro, con entrada totalmente gratuíta, e sen previa inscripción convidámosvos a vivir unhas tardes completamente máxicas no entorno máis coidadosamente decorado que poidas imaxinar.

Unha plantación completa de árbores de Nadal, unha trepulación de elfos máxicos, o trono de Papá Nöel, un carroussel de Nadal, un poboado navideño de automatismos de época, un belén con todas as súas figuritas, o buzón das cartas de Nadal ou mesmo o trineo de Papá Nöel a tamaño real capitaneado polo mesmísimo Reno Rodolfo!

Unha trepulación de elfos máxicos será a encargada de dar a benvida a todos os convidados e de guiar as actividades que cada sábado, en horario de 17:00 h a 20:00 h ofrecerá unha proposta diferente cada día complementada co aspecto gastronómico.

Pasarrúas, concertos, obradoiros, espectáculos infantís, contacontos, e incluso as visitas de Papá Nöel e O Apalpador, baixo a dirección artística da Compañía Nelson Quinteiro Producciones.

Nunha ubicación privilexiada e con todas as comodidades para desfrutar dunha experiencia completa, as instalacións de Viveiros O Piñeiro, ubicadas nunha localización privilexiada, atópanse a tan só 6 kms de Pontevedra, na estrada de Vilagarcía. Ao mesmo tempo contamos con cercanía á saída da vía rápida do Salnés, sendo moi accesible ós nosos clientes de Sanxenxo, Cambados, Vilanova, Vilaxoán, O Grove e tamén Vilagarcía.

Contan, ademais, cun moi bo enlace á AP9, tanto dende a salida dirección Salnés como dende a saída de Pontevedra.

A chegada e estacionamento están especialmente coidados, contando cunha ben dimensionada cantidade de prazas de aparcamento, pensadas para que tan só sexa chegar e desfrutar da túa experiencia navideña!

Pasarrúas en varias vilas e un serán con Papá Nöel para arrancar cunha festa para grandes e pequenos/as.

O Festival O BOSQUE DE NADAL dará comezo oficialmente este venres 1 de decembro cun feixe de intervencións escénicas callejeras baixo o título FLASHTOP CHRISTMAS por vilas como Cangas, Bueu, Marín ou Pontevedra, da man duns simpáticos elfos máxicos que instalarán o trineo de Papá Nöel na túa praza e bailarán ao ritmo de diferentes temas musicais xenuinamente navideños.

A acción pasará a Sanxenxo, Cambados ou Vilagarcía o sábado 2 de decembro pola mañá para logo chegar ás intalacións de Viveiros O Piñeiros e ofrecer unha tarde máxica coa visita de Papá Nöel e unha tarde de obradoiros e contos navideños.

Actividades cada sábado cunha temática diferente.¡Non te perdas o noso Serán do Apalpador o día 16 de decembro!

Unha das propostas máis singulares de toda a nosa programación terá lugar o vindeiro sábado 16 cunha orixinal festa á que dimos en chamar O SERÁN DO APALPADOR, e que consiste nunha foliada tradicional de ambientación popular galega para recibir ao noso mitolóxico personaxe navideño.

Para tan especial visita non faltarán as castañas asadas, parte da lenda da nosa personaxe, nen os gaiteiros, pois contaremos co grupo OS TERRIBLES DE AROUSA, nen as panxoliñas máis tradicionais, pois haberá unha clase de canto con Nelson Quinteiro, mestre de canto de propostas como SUPERCANTOS ou +CANTOS!

Precisamente o broche de ouro desta xornada contará coa participación das máis de 50 gorxas do grupo +CANTOS de Marín e +CANTOS de Pontevedra, que nos convidarán a cantar con eles unha escolma de panxoliñas e mais cantos populares e de taberna acompañados do acordeonista David Álvarez.

Haberá letriñas para todas as que veñades cantar connosco e un Pincho do Apalpador con castañas asadas, chocolate, rosca e viño do país!

Pequeno Circo de Nadal

Contacto y contrataciones: Nelson Quinteiro nelson.quinteiro@gmail.com TL.:647 647 404
Fotógrafo oficial: Bruno Rodríguez "Brod a Secas"