Quinteiro

NELSON QUINTEIRO. ORQUESTA GHARBO!

Unha posibilidade máis ambiciosa de cara a presentar o disco "Orquesta Gharbo!" é unha posta en escena en formato "orquesta", na que ademais da "Banda Gharbo!" -Nelson Quinteiro (voz, pedais de loop e delay, efectos sonoros, bases, etc...), Álex Lorenzo (guitarra, pedais de loop, delay, multiefectos, etc...), Pulpiño Viascón (zendrum, serrucho musical, acordeón midi, bases rítmicas), Fran Castro (teclado e baixo) e un saxofonista/flautista que en virtude da dispoñibilidade pode ser Eduardo Méndez "Dubi" ou Olivier Cano- incorporamos a todos os músicos e artistas que colaboraron na gravación do disco "Orquesta Gharbo!" e no que contamos con María López (Faltriqueira), Silvia Penide, Xandre Outeiro e un coro de homes de grupos como "Os Estalotes" ou a coral "Cantigas e Agarimos".

Trátase dun concerto xa nun formato completo no que se acada un son acorde co disco "Orquesta Gharbo!" pero que de cara ao directo afina o repertorio para acadar convertirse nunha festa na que entra de cheo o pop, o bravú e ritmos moito máis bailables. Isto sen esquencer as grandes atmósferas e viaxe sonora que vai dende melodías armenias, tangos, fados, así como muiñeiras, maneos, xotas, romances ou todo tipo de composicións de unha alta calidade nos arranxos. Todo isto rematando nun concerto festivo no que incluso se introducen versións e temas actuais.

Un formato ideado en grande de cara a festivais, festas, teatros ou auditorios.