Rianxo 2016

PEQUENO CIRCO DE NADAL DE RIANXO 2016.

27, 28, 29 e 30 de decembro de 2016

---------------------------------------------------

NOTA DE PRENSA: Abrir pestaña

PROGRAMA COMPLETO Abrir pestaña

CARTEL Abrir pestaña

PANXOLIÑAS Abrir pestaña

O 27 de decembro comeza a programación do “Pequeno Circo de Nadal” na carpa da Praza de Castelao, que encherá de maxia e diversión as rúas e parroquias de Rianxo durante catro días.

Entre a súa extensa programación conta con pasarrúas, representacións teatrais e coreográficas, obradoiros, contos, panxoliñas e mil e unha actividades máis, da man de Nelson Quinteiro Producciones. O “Pequeno Circo de Nadal” é unha proposta familiar, divertida, e dinámica que engaiolará aos máis pequenos e fará que os máis grandes volvan sentir a ilusión e o espírito do Nadal. A súa programación conta tanto con espectáculos e representacións escénicas como con obradoiros e actividades de interacción e participación do público, dirixidas especialmente aos máis pequenos/as da casa.

Entre as súas actividades destaca a instalación dun pequeno teatriño do que sairán uns personaxes moi curiosos que serán os encargados das actividades de dinamización, Flashtop Christmas, que farán chegar ás rúas e parroquias de Rianxo.

Destaca tamén o importante contido patrimonial e tradicional no seu menú de actividades, entre as que podemos atopar talleres e obradoiros de manualidades, gastronomía, canto de panxoliñas ou a colaboración de axentes locais como o grupo de música tradicional “Río de Anxo” de Rianxo.

Así mesmo a carpa estará decorada con materias naturais que lle aportarán frescura, calidez e naturalidade ao espacio, e crearán un ambiente cálido e a sensación de fogar propia do Nadal.

Unha experiencia única e navideña, a cargo da Concellaría de Promoción Económica, Desenvolvemento Local, Comercio, Turismo e Medio Ambiente do Excmo. Concello de Rianxo e artellada e manfacturada pola empresa Nelson Quinteiro Producciones, encargada de eventos tan relevantes como o Festival Galego de Cabaré en Redondela e que participou na dinamización do Festival PortAmérica de Nigrán, o Rilla na Rúa de Ramallosa e Miño ou A Feria Modernista de Cartaxena, entre outros.

O “Pequeno Circo de Nadal” forma parte da campaña de Nadal da citada empresa, pensada e artellada para levar a maxia, a ilusión e a diversión aos máis pequenos da casa, nestas datas tan familiares especialmente adicadas a eles.

Durante catro días levaranse un sinfín de actividades, que se repartirán entre a carpa central situada na Praza de Castelao, onde se instalará o teatriño, e as rúas e parroquias de Rianxo. Tanto os talleres e obradoiros como os espectáculos escénicos terán lugar dentro da carpa, gorecidos do frío ou da choiva. Pola súa banda, os Flahstop Christmas, terán lugar nas rúas do pobo, e movilizaranse polas parroquias de Rianxo para dinamizar e levar o espírito de Nadal e a ledicia a todos os rincóns do concello.

O “Pequeno Circo de Nadal” estará aberto os días 27, 28, 29 e 30 de decembro na praza de Castelao, dende as 10:00h. ás 21:30h. Os Flahstop Chritsmas intercalaranse coas actividades dentro da carpa.

Para máis información consulta a programación online, na páxina www.rianxo.gal ou ben na páxina da empresa Nelson Quinteiro Producciones www.nelsonquinteiro.com ou no Facebook a "Nelson Quinteiro Cabaret" dende o cal penduraremos os eventos de todas as actividades e obradoiros desta completa e emocionante proposta.

Pequeno Circo de Nadal

Contacto y contrataciones: Nelson Quinteiro nelson.quinteiro@gmail.com TL.:647 647 404
Fotógrafo oficial: Bruno Rodríguez "Brod a Secas"