Quinteiro

NELSON QUINTEIRO: Formato solista

A primeira das posibilidades que ofrece a presentación do disco "Orquesta Gharbo!" é unha posta en escena en directo a cargo do seu impulsor, nun concerto recital no que por medio da voz e dos pedais de loop, delay, bases sonoras e outros recursos vanse debullando os contidos do disco e como se chegou a él.

Trátase dun concerto-recital íntimo no que acompañado de percusións e guitarra vanse contando as historias e personaxes que levaron á selección do repertorio, historia e intrahistoria dos temas, campaña de crowdfunding e outros aspectos relacionados co disco "Orquesta Gharbo!" e coa traxectoria personal e musical de Nelson Quinteiro.

Un formato especialmente axeitado para librarías, locais culturais, pequenas salas ou teatros, xornadas culturais, etc...