Quinteiro

NELSON QUINTEIRO, ÁLEX LORENZO e ARTISTA CONVIDADO: Formato trío

A terceira das posibilidades que ofrece a posta en escena do disco "Orquesta Gharbo!" é unha posta en escena formato trío a cargo de Nelson Quinteiro (voz, pedais de loop e delay, efectos sonoros, bases, etc...), Álex Lorenzo (guitarra, pedais de loop, delay, multiefectos, etc...) e un terceiro artista a convidar, que ben pode ser María López (Faltriqueira), a cantautora Silvia Penide, ou un percusionista, nun concerto no que se amplifica e enriquece o traballo a dúo e no que, dependendo do artista invitado tómase un ou outro cariz.

Coma no dúo, trátase dun concerto no que se acadan grandes atmósferas e no que a voz de Nelson e a guitarra de Álex Lorenzo transmiten unha viaxe sonora que vai dende melodías armenias, tangos, fados, así como muiñeiras, maneos, xotas, romances ou todo tipo de composicións de unha alta calidade nos arranxos, que remata nun concerto festivo no que incluso se introducen versións e temas actuais.

Un concerto que presentamos recentemente para festexar o Día da Muller Traballadora en Salason_Cangas xunto a María López e que se amosou entretido, ameno, fresco e no que a simbiose entre os tres músicos fructificou nun concerto moi animado."

Un formato especialmente axeitado para librarías, locais culturais, pequenas salas ou teatros, xornadas culturais, bares, e nada desbotable para abir festivais ou ser presentado en espazos abertos, terrazas, etc...